SAMAÍN 2012
(Facede dobre clic para que se visualice coa pantalla completa)
Hoxe propomos unha noite máxica para o día 31 de Outubro ; propomos acompañar as estrelas iluminando canda
elas os lugares con candeas. Na noite de hoxe poderás gozar do Samaín como un
guerreiro celta e facer voar a imaxinación con mil follas de outono, con mil
palabras que axudarán a superar os teus medos.
Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga
cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e
novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir
nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras
dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das
án
imas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus
castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras
iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas
foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.
O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. A tradición
viaxou, maioritariamente, canda milleiros de irlandeses pola fame derivando
nunha especie de entroido, pero mantendo características propias desta festa
como son as calacús e as ánimas. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica
de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de
volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín poderemos achegarnos a vilas e as escolas como a nosa ,e vivir a tradición da nosa terra para que deste xeito non esquezamos algo tan bonito como é o noso Samaín.
 |
CUMPLE AINARA |
|
|
|
Tamén Gabri estivo de cumple e preparamos un fiestón.
Si é que non paramos con tanta festa.
Brais estivo no verán de aniversario pero tiña moitísimas ganas de invitar os seus amigos e amigas a unha pequena festa no cole
Hai unhas cantas semanas trouxo unha tartiña e tivemos unha boa e sabrosa merendola.
Ola peques!! Xuntos outro curso.
Levamos dende Setembro no cole, pero queríamos xuntar moitas novas para contar.
Este verán pasaron moitas cousas: Naceron irmanciños e irmanciñas, fomos de paseo a praia, a casa de amigos e amigas ,xogamos moitísimo, e agora con moitas ganas e forzas: COMEZAMOS!!
FELIZ E DIVERTIDO CURSO
2012-2013