lunes, 21 de febrero de 2011

Día da Lingua Materna

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presidirán o vindeiro luns o acto de conmeración do Día Internacional da Lingua Materna que terá lugar no Centro Cultural da Deputación ourensá. O obxectivo desta celebración, instituída pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.
Con este motivo, a Xunta de Galicia quere sumarse, por vez primeira, á conmemoración deste día e contribuír co galego, a lingua propia da comunidade, ao patrimonio lingüístico e cultural da humanidade. Polo mesmo, tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e do interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do
mundo.
O evento terá lugar o propio 21 deste mes, ás 20:00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense e nel participarán, entre outros, ademais do responsable da Consellería de Educación e do titular da Deputación de Ourense, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; e o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario