miércoles, 12 de octubre de 2011

A Asamblea

MOITOS  PREGUNTARÁNSE: POR QUE OS MESTRES/AS DE E. INFANTIL DÁNLLE TANTA IMPORTANCIA A ASAMBLEA?
 
Todas as mañás, empezamos a clase coa ASAMBLEA.

A asamblea en infantil constitúe un momento de reunión entre o mestre/a e
os seus alumnos/ás, nela os nenos/ás expresan os seus sentimentos, vivencias e gustos,
trabállanse coñecementos, valores, hábitos, normas,… e o mais importante se producirá relacións sociais entre o grupo de aula vivindo experiencias
gratificantes e necesarias para o neno/a.



ALGUNHAS DAS CAPACIDADES BASICAS QUE DESENVOLVEMOS NA ASAMBLEA SON:
En canto á socialización, desenvolveremos:
 
- Recoñecemento dos compañeiros/as.
- Vivencias da pertenza a un grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Respecto ás quendas establecidas.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
En canto ás capacidades lingüísticas, desenvolveremos:

- A expresión.
- A ampliación das estruturas vocais.
- Respecto á quenda de palabra.
- Capacidade para situarse no tema que se esta tratando, sen mesturalo con outros temas.
Respecto á capacidade para centrarse no espazo e no tempo:

- Recoñecemento do espazo.
- A organización da estrutura de roda.
- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.
- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da asemblea.
- Adquisición de nocións temporais.
Respecto ás capacidades afectivas:

 
- Establecemento de vínculo co docente e cos iguais.
- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das rutinas.
- A adaptación diaria da vida escolar.
- A regularidade nos hábitos de traballo.
- A superación da timidez ao participar nas actividades da asemblea.
- O desenvolvemento da autoestima.
Respecto ao desenvolvemento das capacidades cognitivas:
 
- Desenvolvemento da atención e da observación.
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa-efecto
- Desenvolvemento da memoria.
- Discriminación de detalles.

CANCIÓNS

Algunhas das cancións que cantamos  polas mañás son:

CANCIÓN DOS BÓS DÍAS

Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
moi xuntos queremos estar
moi xuntos despois de cantar
si si,si si,si si

OUTONO CHEGOU 

Outono chegou,marrón e amárelo
Outono chego e follas secas estampou
O vento de Outono sopra soprará
Coas follas secas me deixa xogar.

O MEU CORPO

Teño dous ollos e unha nariz
Dúas ourellas e na boca
Teño os dentes
Para masticar
E a lingua para falar
Laralaralala laralaralá
Con estas dúas máns eu poido aplaudir……

Agora, tedes que cantar con eles/elas

1 comentario:

  1. Agora comezamos a entender o veñen cantando os nosos cativos cando os recollemos do cole. Moitas gracias Elisa pola tua dedicación cos nosos nenos.

    ResponderEliminar