lunes, 21 de mayo de 2012

IMOS DE EXCURSIÓN!!!

LEMBRADE QUE O MÉRCORES IMOS A VIGO PARA DISFRUTAR DUNHA OBRIÑA DE MONICREQUES :                             "PINGÜIN".




Periferia Teatro presenta Pingüin, en Vigo, o 23 de maio. O centro socioculturais Novacaixagalicia acolle, ás 10.00 h, esta obra de monicreques premiada á Mellor Proposta Dramática na Feira de Monicreques de Lleida 2000 e Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Monicreques de Praga 2004. Unha historia na que a través das divertidas peripecias do seu protagonista se tratan en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais e fillos. Neste caso, a difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención dos seus pais coa chegada dun novo membro á familia.

A familia Pingüin vive nunha envexable harmonía: Mamá Pingüin polas mañás coida da casa e polas tardes pesca; Papá Pingüin polas mañás pesca e polas tardes coida da casa e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero algo está cambiando... Bobo está a piques de vivir unha sorprendente aventura. Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmanciño!

Periferia Teatro dedícase desde o ano 1989 á investigación e ao coñecemento do teatro de monicreques, ofrecendo aos nenos unha variada e coidada selección de fantasía coa que se senten identificados. As súas producións contan con guión literario propio, conxugando reflexión e diversión con novos argumentos da actualidade infantil. A compañía participou na maioría de programacións infantís e en numerosos festivais nacionais e internacionais, resultando premiadas as súas máis recentes producións: Pingüin, Pocosueño e Guyi Guyi.

Director: Juan Manuel Quiñonero
Manipuladores: Marisol García e Juan Manuel Quiñonero
Axudante de dirección: Mª Dores Balsalobre
Selección musical: Zoila García
Construción marionetas: Juan Manuel Quiñonero


No hay comentarios:

Publicar un comentario