viernes, 28 de octubre de 2011

Nota sobre o video :Actividades Samaín

Despois de publicar o video decatéime que o programa non cargara ben os títulos nos espazos onde tiñan que estar ,ou movéunos de sitio noutro caso.
Onde sae as máscaras de Frankestéin dicia:Máscaras dos nenos e nenas de 5 anos e  no obradoiro de pantasmas os nenos/as co mandilón azul son os de 5 e non os de 4.
Espero disfrutedes do video tanto como nós facendo estas actividades.

Actividades Samaín 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

Semana do Samaín

Está semana adicaremos as nosas actividades ao "Samaín "e tamén coa teacher Nuria a "Hallowen".Será unha semana terrorríficamente divertida!!!!

miércoles, 12 de octubre de 2011

Ronda de los conejos

Entre moitas esta é ,a canción que máis lles gosta.


A Asamblea

MOITOS  PREGUNTARÁNSE: POR QUE OS MESTRES/AS DE E. INFANTIL DÁNLLE TANTA IMPORTANCIA A ASAMBLEA?
 
Todas as mañás, empezamos a clase coa ASAMBLEA.

A asamblea en infantil constitúe un momento de reunión entre o mestre/a e
os seus alumnos/ás, nela os nenos/ás expresan os seus sentimentos, vivencias e gustos,
trabállanse coñecementos, valores, hábitos, normas,… e o mais importante se producirá relacións sociais entre o grupo de aula vivindo experiencias
gratificantes e necesarias para o neno/a.



ALGUNHAS DAS CAPACIDADES BASICAS QUE DESENVOLVEMOS NA ASAMBLEA SON:
En canto á socialización, desenvolveremos:
 
- Recoñecemento dos compañeiros/as.
- Vivencias da pertenza a un grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Respecto ás quendas establecidas.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
En canto ás capacidades lingüísticas, desenvolveremos:

- A expresión.
- A ampliación das estruturas vocais.
- Respecto á quenda de palabra.
- Capacidade para situarse no tema que se esta tratando, sen mesturalo con outros temas.
Respecto á capacidade para centrarse no espazo e no tempo:

- Recoñecemento do espazo.
- A organización da estrutura de roda.
- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.
- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da asemblea.
- Adquisición de nocións temporais.
Respecto ás capacidades afectivas:

 
- Establecemento de vínculo co docente e cos iguais.
- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das rutinas.
- A adaptación diaria da vida escolar.
- A regularidade nos hábitos de traballo.
- A superación da timidez ao participar nas actividades da asemblea.
- O desenvolvemento da autoestima.
Respecto ao desenvolvemento das capacidades cognitivas:
 
- Desenvolvemento da atención e da observación.
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa-efecto
- Desenvolvemento da memoria.
- Discriminación de detalles.

CANCIÓNS

Algunhas das cancións que cantamos  polas mañás son:

CANCIÓN DOS BÓS DÍAS

Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
moi xuntos queremos estar
moi xuntos despois de cantar
si si,si si,si si

OUTONO CHEGOU 

Outono chegou,marrón e amárelo
Outono chego e follas secas estampou
O vento de Outono sopra soprará
Coas follas secas me deixa xogar.

O MEU CORPO

Teño dous ollos e unha nariz
Dúas ourellas e na boca
Teño os dentes
Para masticar
E a lingua para falar
Laralaralala laralaralá
Con estas dúas máns eu poido aplaudir……

Agora, tedes que cantar con eles/elas

lunes, 10 de octubre de 2011

martes, 4 de octubre de 2011

Calendario das merendas para os cativos de 3 anos.


Esta semana traballaremos moitas cousas sobre as normas da clase.
A profe fixo un calendario para non esquecer o que temos que merendar cada día da semana
é deste xeito facer "merendas saudables".
Agora témolo no blog para que sexa máis doado lembralo.