martes, 19 de noviembre de 2013

lunes, 30 de septiembre de 2013

ESTE CURSO IMOS TRABALLAR POR PROXECTOS É XA VOS EXPLICARÉI QUE É  UN PROXECTO E OS SEUS OBXECTIVOS.

O ABECEDARIO

ESTAMOS A REPASAR O ABECEDARIO. 
OLLAMOS UN VIDEO QUE LLES FIXO MOITA GRACIA
ESTIVERON MOI ATENTOS!!

HORARIO CLASE DE 5 ANOS

AINDA QUE NO LATERAL TENDES O HORARIO DA MIÑA CLASE, VOU  
DEIXAR  AQUÍ A FOTO MÁIS GRANDE XA QUE MIRASE MAL..
PINCHADE ENRIBA DA FOTO  E AMPLIASE PARA VISUALIZALA MELLOR.





domingo, 29 de septiembre de 2013

Setembro 2013

NOTA:

QUÉROVOS LEMBRAR QUE ESTE BLOOG PERTENCE A CLASE DA PROFE ELISA QUE ESTE CURSO 2013/2014  ESTA CÓS CATIVOS DE 5 ANOS.POR ESO MOITAS VECES VEREDES MÁIS TRABALLOS DE ESTES NENOS /AS  QUE DAS OUTRAS CLASES DE INFANTIL
DE TODOLOS XEITOS INTENTARASE SUBIR TODAS AQUELAS FOTOS DOS PROXECTOS ,CUMPRES, ACTIVIDADES,  ETC QUE AS OUTRAS PROFES PROPOÑAN .
POR SUPOSTO  AS  SAÍDAS,FESTIVAIS E ACTIVIDADES  EN COMÚN SEMPRE ESTARÁN REFLECTIDAS EIQUI.


martes, 24 de septiembre de 2013

CONSTRUIMOS O NOSO ABECEDARIO

ESTIVEMOS A  TRABALLAR NAS DIFERENZAS DO NOSO ABECEDARIO GALEGO E O ABECEDARIO DA LENGUA CASTELLANA  E ATOPAMOS  QUE FALTABAN 3 LETRAS
ADIVIÑADADE CALES SON??

RESPOSTA : ELES  VOLA DIRAN   ;)






martes, 10 de septiembre de 2013

OLA FAMILIAS, OUTRO CURSO MÁIS....E XA ESTÁ O TREN DE CATIVADAS EN MARCHA. INTENTAREMOS DENDE O COLE E DENDE O EQUIPO DE E.INFANTIL ENCHER ESTE MODESTIÑO BLOOG DE MOI BÓS MOMENTOS.

COMEZAMOSSSSS!!!!!

viernes, 26 de abril de 2013

Ruta de Senderismo

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

O meu conto favorito

Cada neno e nena trouxo da casa o seu conto favorito. Nas aulas cada un conta aos demáis por que gustoulles tanto o seu conto e entre todos elixen  soamente un: O conto favorito da clase.
O Día do Libro un representante da súa aula conta a todos e todas o motivo de elexir ese conto e lese uns párrafos do conto.Foi moi interesante e divertido. Tamén premiouse o debuxo e eslogan para animar a lectura e agasallouse os premiados cun regalo e aos participantes cun marcapáxinas que tiña o debuxo dos premiados en E.Infantil e Primaria. Un día completiño


Click to play this Smilebox slideshow
 
 

miércoles, 6 de marzo de 2013

COEDUCACIÓN




Día Internacional da muller. 8 de marzo

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un tráxico suceso que aconteceu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nova York, resolveron parar de traballar como protesta ás súas precarias condicións de traballo. Esa era a primeira vez que as mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e, polo tanto, os seus dereitos.

Elas pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16 horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para homenaxear as traballadoras  mortas na fábrica téxtil. E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

O valor da muller traballadora na sociedade

Os pasos cara ao recoñecemento da muller no ámbito laboral son lentos, pero avanzan. Dende que naceu a necesidade de establecer valores femininos dentro da sociedade, o papel da muller creceu, aínda que lentamente, en todos os sentidos. A muller actual faise respectar, valorar e ocupa xa espazos na sociedade antes inimaxinables. Pero aínda que a muller subise chanzos cada vez máis altos, aínda segue sendo perseguida pola discriminación, polo machismo e, por se  iso fose pouco, a muller é aínda vítima de agresións sexuais e da violencia de xénero.

En India, as mulleres aínda son moeda de cambio en transaccións familiares e, en Beijing, a ONU estableceu dende 1995, un compromiso de loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Trátase dun marco para poñer fin á discriminación da muller, en sectores como a saúde, a educación, o emprego, a participación política e os dereitos humanos. Algo se conseguiu, pero o debate aínda continúa e parece que é interminable.

Parabéns a todas as mulleres que seguen loitando polos seus dereitos. Animámosvos a que sigades  crendo nos vosos propios valores e no dereito de liberdade que TODOS temos.
Estamos a traballar coa letra O. Cantamos e visitamos o planeta "O" de la Galaxia de las letras

Letras

Visita da nai de Jacobo.

Como complemento a esta visita déixovos esta curta tan bonita.



viernes, 1 de febrero de 2013

30 de Xaneiro 2013:

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA


A celebración deste día pretende promover a reflexión sobre a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia,…; en definitiva, a paz e o amor universal. A conmemoración coincide co aniversario da morte do lider espiritual e nacional da India: Mahatma Gandhi (1869-1948).


O mércores día 30, Día da Paz, tivemos moitísimas actividades divertidas no cole.
Estivemos a semana pasada preparando unha canción para que ese día  os cativos e cativas cantaran todos xuntos no patio do cole.

Déixovos o enlace para que a cantedes todos xuntos na casa


miércoles, 9 de enero de 2013

Entramos de cheo na aventura de ler tanto en 4 como en 5 anos,asi que déixovos un enlace coa canción que abre todas as nosas aventuras espaciais.
Para que a cantedes xuntos.






Queridos pais, nais, amigos e amigas:
Con motivo do comezo do inverno, mostrámosvos unha ligazón na que os vosos fillos/as atoparán un conto sobre o inverno. Esperamos que vos guste a toda a familia.

Moitas grazas.


                  XA ESTAMOS XUNTOS OUTRA VEZ!!! CANTAS NOVIDADES,ILUSIÓNS, AGASALLOS  E MOITAS GANAS DE TRABALLAR.
BENVIDOS MEUS AMORES!!