miércoles, 6 de marzo de 2013

COEDUCACIÓN




Día Internacional da muller. 8 de marzo

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un tráxico suceso que aconteceu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nova York, resolveron parar de traballar como protesta ás súas precarias condicións de traballo. Esa era a primeira vez que as mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e, polo tanto, os seus dereitos.

Elas pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16 horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para homenaxear as traballadoras  mortas na fábrica téxtil. E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

O valor da muller traballadora na sociedade

Os pasos cara ao recoñecemento da muller no ámbito laboral son lentos, pero avanzan. Dende que naceu a necesidade de establecer valores femininos dentro da sociedade, o papel da muller creceu, aínda que lentamente, en todos os sentidos. A muller actual faise respectar, valorar e ocupa xa espazos na sociedade antes inimaxinables. Pero aínda que a muller subise chanzos cada vez máis altos, aínda segue sendo perseguida pola discriminación, polo machismo e, por se  iso fose pouco, a muller é aínda vítima de agresións sexuais e da violencia de xénero.

En India, as mulleres aínda son moeda de cambio en transaccións familiares e, en Beijing, a ONU estableceu dende 1995, un compromiso de loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Trátase dun marco para poñer fin á discriminación da muller, en sectores como a saúde, a educación, o emprego, a participación política e os dereitos humanos. Algo se conseguiu, pero o debate aínda continúa e parece que é interminable.

Parabéns a todas as mulleres que seguen loitando polos seus dereitos. Animámosvos a que sigades  crendo nos vosos propios valores e no dereito de liberdade que TODOS temos.
Estamos a traballar coa letra O. Cantamos e visitamos o planeta "O" de la Galaxia de las letras

Letras

Visita da nai de Jacobo.

Como complemento a esta visita déixovos esta curta tan bonita.