martes, 20 de noviembre de 2012

Ola a todos e todas!!!estamos na clase cantando esta canción no día dos
" DEREITOS UNIVERSAIS DOS NENOS E DAS NENAS"
 Queredes cantar con nós?



HOXE 20 DE NOVEMBRO É O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1998 UNICEF pensou en como divulgar os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, e pediulles a creadores e directores de todo o mundo que fixesen curtos animados de 30 segundos sobre algún dos dereitos da Convención. Dende entón, máis de 70 estudos de 32 países realizaron animacións para este proxecto. Estes debuxos emitíronse en televisións de todo o mundo.
Máis información sobre dereitos de infancia en www.unicef.es/derechos



 

domingo, 11 de noviembre de 2012

Durante toda a semana estivemos cantando cancións de Outono pero esta é a que máis lles gusta.
Ollade que ben o fan.


lunes, 5 de noviembre de 2012

LUNS, e  volta a realidade despois destes días de descanso.
Pasado o Samaín chegamos ás aulas con ganas de aprender moitas cousas sobre a estación do ano que nos acompaña.
Dende hai un par de  semanas vimos cantando na aula de 4 anos esta canción,déixovola para que cantedes cós vosos fillos e fillas

.