lunes, 29 de octubre de 2012


Hoxe propomos unha noite máxica para o día 31 de Outubro ; propomos acompañar as estrelas iluminando canda elas os lugares con candeas. Na noite de hoxe poderás gozar do Samaín como un guerreiro celta e facer voar a imaxinación con mil follas de outono, con mil palabras que axudarán a superar os teus medos.
Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das án
imas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.


O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. A tradición viaxou, maioritariamente, canda milleiros de irlandeses pola fame derivando nunha especie de entroido, pero mantendo características propias desta festa como son as calacús e as ánimas. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín poderemos achegarnos a vilas e as escolas como a nosa ,e vivir a tradición  da nosa terra para que deste xeito non esquezamos algo tan bonito como é o noso Samaín.

CUMPLE AINARA

Click to play this Smilebox slideshow
CUMPLE AINARA


 

 
Tamén Gabri estivo de cumple e preparamos un fiestón.
Si  é que non paramos con tanta festa.

Click to play this Smilebox slideshow
 
 
Brais estivo no verán de aniversario pero tiña moitísimas ganas de invitar os seus amigos e amigas  a unha pequena festa no cole
Hai unhas cantas semanas trouxo unha tartiña e tivemos unha boa e sabrosa merendola.


Click to play this Smilebox photo album
 
 

jueves, 4 de octubre de 2012

Ola peques!! Xuntos outro curso.
Levamos  dende Setembro no cole, pero queríamos xuntar moitas novas para contar.
Este verán pasaron moitas cousas: Naceron irmanciños e irmanciñas, fomos de paseo a praia, a casa de amigos e amigas ,xogamos moitísimo, e agora con moitas ganas e forzas: COMEZAMOS!!

FELIZ E DIVERTIDO CURSO
                2012-2013