martes, 18 de marzo de 2014

Proxecto Os Planetas

Resumimos neste vídeo todo o que fixemos sobre o proxecto co iPad.

Ao final as actividades centráronse nas estrelas e nas constelacións.
Agora sabemos moitas cousas sobre elas e, por exemplo, somos quen de descubrir a Osa Maior no ceo.




lunes, 17 de marzo de 2014

Música para as nosas constelacións

Unha das cousas que máis nos gustou facer co iPad foi música.
Dividimos a clase en 3 grupos e cada un fixo un tema musical coa aplicación para iPad NodeBeat
Cada quen ía poñendo un punto que parecía unha estrela brilante no ceo, entre todos fixemos constelacións con formas de libro, avión de papel...
Este é o resultado: