![]() |
viernes, 22 de marzo de 2013
miércoles, 20 de marzo de 2013
martes, 19 de marzo de 2013
PARABÉNS PAPIS!! Se queredes ollar os traballiños dos nenos e nenas do cole con motivo deste día ,déixovos o seguinte enlace:
http://fragareis.blogspot.com.es/2013/03/dia-do-pai-2013.html#comment-form
lunes, 11 de marzo de 2013
domingo, 10 de marzo de 2013
Día Internacional da Muller.
Visitade www.fragareis.blogspot.com para visualizar ás actividades do Día Internacional da Muller na que participamos.
Pero ademáis nós nas clases fixemos neste día moitísimas actividades.

miércoles, 6 de marzo de 2013
Día Internacional da muller. 8 de marzo
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este
día específico dedicado ás mulleres traballadoras débese a un tráxico suceso
que aconteceu nos Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as
mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nova York, resolveron parar de
traballar como protesta ás súas precarias condicións de traballo. Esa era a
primeira vez que as mulleres se unían para reivindicar melloras laborais e,
polo tanto, os seus dereitos.
Elas pedían a redución do horario de traballo diario, que era de 16 horas, a 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas percibían apenas un terzo do soldo que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, carbonizadas dentro da fábrica. Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para homenaxear as traballadoras mortas na fábrica téxtil. E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
O valor da muller traballadora na sociedade
Os pasos cara ao recoñecemento da muller no ámbito laboral son lentos, pero avanzan. Dende que naceu a necesidade de establecer valores femininos dentro da sociedade, o papel da muller creceu, aínda que lentamente, en todos os sentidos. A muller actual faise respectar, valorar e ocupa xa espazos na sociedade antes inimaxinables. Pero aínda que a muller subise chanzos cada vez máis altos, aínda segue sendo perseguida pola discriminación, polo machismo e, por se iso fose pouco, a muller é aínda vítima de agresións sexuais e da violencia de xénero.
En India, as mulleres aínda son moeda de cambio en transaccións familiares e, en Beijing, a ONU estableceu dende 1995, un compromiso de loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Trátase dun marco para poñer fin á discriminación da muller, en sectores como a saúde, a educación, o emprego, a participación política e os dereitos humanos. Algo se conseguiu, pero o debate aínda continúa e parece que é interminable.
Parabéns a todas as mulleres que seguen loitando polos seus dereitos. Animámosvos a que sigades crendo nos vosos propios valores e no dereito de liberdade que TODOS temos.

domingo, 3 de marzo de 2013
sábado, 2 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)