viernes, 23 de diciembre de 2011
jueves, 22 de diciembre de 2011
Visita de Papá Nöel e do Carteiro Real
De súpeto mentras mirabamos unha peli...petaron na porte e SORPRESA!!!
o mesmiño Papá Nöel viu a visitarnos e traernos chuches.
Qué sorte!......pero esto non queda asi, xa que o martes dende correos enviaron ó cole
ao Carteiro Real , para que lle poidesemos dar a nosas cartas.TODO FOI ALUCINANTE.
Temos noutra cámara máis fotos que máis adiante colgaremos na páxina do Blog do Cole.
Temos noutra cámara máis fotos que máis adiante colgaremos na páxina do Blog do Cole.
lunes, 19 de diciembre de 2011
Novas do Canal Tea
Os nenos de Ponteareas falan en directo con Papá Noel
Os escolares de Ponteareas mantiveron hoxe unha charla, en rigoroso directo a través de video conferencia con Papa Noel. Os nenos e nenas de Ponteareas puideron, xunto con nenos doutros concellos galegos, pedirlle directamente os seus agasallos para estas festas de nadal.
A videoconferencia e a comunicación en tempo real uniu Laponia, terra natal de Papá Noel e onde, como todo o mundo sabe, ten a súa fábrica de xoguetes, coa rede de aulas de comunicación multimedia dispersa pola xeografía galega entre elas a que se atopa no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas.
Os nenos e nenas de Ponteareas gozaron desta charla directa con Papá Noel ao mesmo tempo que outros nenos doutros concellos galegos, feito que a videoconferencia fai posible.
O obxectivo desta actividade promovida pola rede CeMIT, era o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo. Este é o quinto ano consecutivo que se desenvolve esta iniciativa que conta cunha grande aceptación entre os nenos e nenas.
domingo, 11 de diciembre de 2011
domingo, 4 de diciembre de 2011
sábado, 3 de diciembre de 2011
domingo, 27 de noviembre de 2011
martes, 22 de noviembre de 2011
domingo, 20 de noviembre de 2011
Día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Educación e Valores
Ás persoas que formamos o Equipo de Convivencia Escolar pensamos que sería bonito facer unha presentación na que falemos dos sentimentos dos nenos e das nenas ,dos valores e do seu dereito á Educación.
domingo, 13 de noviembre de 2011
miércoles, 9 de noviembre de 2011
jueves, 3 de noviembre de 2011
Cumpleanos José
Onte mércores, un pouquiño antes da merenda, tivemos unha sorpresa, o pai de José viu o cole e trouxo unha boísima tarta, para celebrar que José xa ten 3 aniños!!!Ollade a festa que preparamos.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Outono
Hoxe estivemos traballando cousas da estación na que nós atopamos: "O Outono".
Cantamos a canción:"Outono chegou" ,falamos das árbores e das súas follas:caducas e perennes,xogamos un xogo :O barrendeiro e as follas e moitíiiiisimas máis cousas (entre elas celebramos o aniversario de José,3 aniños!!!! xa colgaréi as fotos).
Agora quero que miredes :unha presentación do Outono para poder falar con eles e elas das cores do outono,das árbores,do vento,da choiva,etc
Tamén para os de 4 e 5 unha peli de Mani manitas que fala das follas e o compost .
A canción do :"O barrendeiro e as follas " e por último a canción : Froitos de Outono ,xa que traballaremos con todo isto varios días,veña axiña a disfrutar!!!!!!
Cantamos a canción:"Outono chegou" ,falamos das árbores e das súas follas:caducas e perennes,xogamos un xogo :O barrendeiro e as follas e moitíiiiisimas máis cousas (entre elas celebramos o aniversario de José,3 aniños!!!! xa colgaréi as fotos).
Agora quero que miredes :unha presentación do Outono para poder falar con eles e elas das cores do outono,das árbores,do vento,da choiva,etc
Tamén para os de 4 e 5 unha peli de Mani manitas que fala das follas e o compost .
A canción do :"O barrendeiro e as follas " e por último a canción : Froitos de Outono ,xa que traballaremos con todo isto varios días,veña axiña a disfrutar!!!!!!
martes, 1 de noviembre de 2011
viernes, 28 de octubre de 2011
Nota sobre o video :Actividades Samaín
Despois de publicar o video decatéime que o programa non cargara ben os títulos nos espazos onde tiñan que estar ,ou movéunos de sitio noutro caso.
Onde sae as máscaras de Frankestéin dicia:Máscaras dos nenos e nenas de 5 anos e no obradoiro de pantasmas os nenos/as co mandilón azul son os de 5 e non os de 4.
Espero disfrutedes do video tanto como nós facendo estas actividades.
domingo, 23 de octubre de 2011
Semana do Samaín
Está semana adicaremos as nosas actividades ao "Samaín "e tamén coa teacher Nuria a "Hallowen".Será unha semana terrorríficamente divertida!!!!
martes, 18 de octubre de 2011
domingo, 16 de octubre de 2011
jueves, 13 de octubre de 2011
miércoles, 12 de octubre de 2011
A Asamblea
MOITOS PREGUNTARÁNSE: POR QUE OS MESTRES/AS DE E. INFANTIL DÁNLLE TANTA IMPORTANCIA A ASAMBLEA?
Todas as mañás, empezamos a clase coa ASAMBLEA.
A asamblea en infantil constitúe un momento de reunión entre o mestre/a e
os seus alumnos/ás, nela os nenos/ás expresan os seus sentimentos, vivencias e gustos,
trabállanse coñecementos, valores, hábitos, normas,… e o mais importante se producirá relacións sociais entre o grupo de aula vivindo experiencias
gratificantes e necesarias para o neno/a.
ALGUNHAS DAS CAPACIDADES BASICAS QUE DESENVOLVEMOS NA ASAMBLEA SON:
En canto á socialización, desenvolveremos:
En canto á socialización, desenvolveremos:
- Recoñecemento dos compañeiros/as.
- Vivencias da pertenza a un grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Respecto ás quendas establecidas.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
- Vivencias da pertenza a un grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Respecto ás quendas establecidas.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
En canto ás capacidades lingüísticas, desenvolveremos:
- A expresión.
- A ampliación das estruturas vocais.
- Respecto á quenda de palabra.
- Capacidade para situarse no tema que se esta tratando, sen mesturalo con outros temas.
Respecto á capacidade para centrarse no espazo e no tempo:
- Recoñecemento do espazo.
- A organización da estrutura de roda.
- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.
- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da asemblea.
- Adquisición de nocións temporais.
Respecto ás capacidades afectivas:
- Establecemento de vínculo co docente e cos iguais.
- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das rutinas.
- A adaptación diaria da vida escolar.
- A regularidade nos hábitos de traballo.
- A superación da timidez ao participar nas actividades da asemblea.
- O desenvolvemento da autoestima.
Respecto ao desenvolvemento das capacidades cognitivas:
- Desenvolvemento da atención e da observación.
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa-efecto
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa-efecto
- Desenvolvemento da memoria.
- Discriminación de detalles.
- Discriminación de detalles.
CANCIÓNS
Algunhas das cancións que cantamos polas mañás son:
CANCIÓN DOS BÓS DÍAS
Bós días ,bós días a ti ,si si ,si si
Bós días ,bós días a ti ,si si ,si si
moi xuntos queremos estar
moi xuntos despois de cantar
si si,si si,si si
OUTONO CHEGOU
Outono chegou,marrón e amárelo
Outono chego e follas secas estampou
O vento de Outono sopra soprará
Coas follas secas me deixa xogar.
O MEU CORPO
Teño dous ollos e unha nariz
Dúas ourellas e na boca
Teño os dentes
Para masticar
E a lingua para falar
Laralaralala laralaralá
Con estas dúas máns eu poido aplaudir……
Agora, tedes que cantar con eles/elas
viernes, 7 de octubre de 2011
jueves, 6 de octubre de 2011
miércoles, 5 de octubre de 2011
martes, 4 de octubre de 2011
Calendario das merendas para os cativos de 3 anos.
Esta semana traballaremos moitas cousas sobre as normas da clase.
A profe fixo un calendario para non esquecer o que temos que merendar cada día da semana
é deste xeito facer "merendas saudables".
Agora témolo no blog para que sexa máis doado lembralo.
jueves, 29 de septiembre de 2011
1º Cumple: Ainara soprou 3 veliñas
PRESENTACIÓN DOS NOVOS E NOVAS PROTAGONISTAS DO BLOG
martes, 13 de septiembre de 2011
BENVIDOS!!!!
Cativadas Oliveira esta a despertar dun looooongo verán.
Imos amodiño, pero moi ,moi axiña estaremos con todos e todas
para pasar momentos cheos de ledicia....moita pacencia!!!!
viernes, 15 de julio de 2011
lunes, 4 de julio de 2011
Agradecementos
Non quería despedir o curso sin agradecer todos os comentarios que nos deixastedes no blog....eso da moitos ánimos,Gracias ;Mami,Matilde,Casi,Compis do cole e familias anónimas,moitas grazas e bicos
Xa somos nenos e nenas de Primaria
Fin de curso:Entrega de Orlas.
Foi moi emocionante,por que cada ciclo que remata,tamén rematan moitos meses de vivenzas preciosas,cada un ten a súa historia,dende que chegaron por primeira vez o cole , e cando os miras e daste conta que xa se marchou unha parte da súa vida e velos tan seguros,tan cambiados,tan ledos o único que podes sentir e moita alegría de ter unha profesión tan bonita como esta .
Noraboa !!!! e "Felices Vacacións" con isto pechamos o curso 2010-2011 no Blog.
De tódolos xeitos colgaremos cousas interesantes para os cativos e cativas ,para que disfruten no verán,vémonos en Setembro
Non deixedes de visitar o Blog.
Cumples
XOGOS POPULARES
domingo, 3 de julio de 2011
domingo, 12 de junio de 2011
ARTE:PABLO PICASSO
Estamos a coñecer a un novo pintor, neste caso tocoulle o turno a Pablo Picasso.
Hai unha semana fixemos nós, os de E.Infantil de 5 anos, un programa na radio do cole e falamos todos os rapaces/as de quén era, onde naceu,estudou e traballou.
O primeiro foi ver un corto de animación de Cantinflas que falaba da vida de Pablo Picasso,moi simpático. E outro día cómo xa coñeciamos algo da súa vida miramos un cadro impresionante "O Guernica". Era un documental especial por que as partes do cadro se separaban. Podedes miralo agora.
GUERNICA EN 3D
FOI DIVERTIDO MIRAR ESTE VÍDEO: CANTINFLAS E PICASSO.
DESPOIS DE TODO O QUE APRENDIMOS ....MANS Á OBRA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)