Un adianto á visita que fixemos ó Centro de desarrollo local en Ponteareas para asistir a Video-conferencia con Papá Nöel
martes, 11 de diciembre de 2012
Estes días todos os nenos e nenas do mundo estan a recibir esta mensaxe de Papá Nöel e nos queremola ter no noso blog para poder axudar a Rudolf.
XOVES 13 VIDEO-CONFERENCIA CON PAPÁ NOËL
lunes, 10 de diciembre de 2012
Estamos a coñecer as regletas de Cuisenaire.
Déixovos información.E intentarei deixar un link para que nas vacacións de Nadal os nenos e nenas
poidan xogar online
As regretas de Cuisenaire son un versátil xogo de manipulación matemática
utilizado na escola, así como noutros niveis de aprendizaxe e mesmo con adultos.
Utilízanse para ensinar a unha ampla variedade de temas matemáticos, como as
catro operacións básica, fraccións, área, volume, raíces cadradas, resolución de
ecuacións simples, os sistemas de ecuacións, e mesmo ecuacións
cuadráticasAs regretas (réglettes en francés orixinal) foron chamadas así logo de
que o seu inventor, Georges Cuisenaire (1891-1976),
un profesor de escola primaria de Bélxica, publicase un libro sobre o seu uso en
1952, chamado Los números en cores. O uso de regretas
para o ensino tanto das matemáticas coma de idiomas foi desenvolvido e
popularizado porCaleb Gattegno, en moitos países de
todo o mundo.
No sistema, hai 10 regretas de 1 cm a 10 cm. Ás regretas de
igual lonxitude asígnasellesamesma cor. As regretas de Cuisenaire seguen este sistema: Regreta Branca =1
cm. Regreta Vermella =2 cm. Regreta Verde claro =3 cm. Regreta Carmín
=4 cm. Regreta Amarela =5 cm. Regreta Verde Escuro =6 cm. Regreta Negra
=7 cm. Regreta Café =8 cm. Regreta Azul =9 cm. Regreta Laranxa =10
cm.
domingo, 9 de diciembre de 2012
Recopilamos algunhas das actividades do mes de Novembro...esperamos que vos gusten
lunes, 3 de diciembre de 2012
O día 23 de Novembro tivemos unha saída o parque de psicomotricidade Mundo Pirata Park en Alcabre-Vigo pasámolo moi ben. A profe tivo algúns problemas coas fotos e por iso tardou en subir o video.Pero por fin podémolo ollar.
martes, 20 de noviembre de 2012
Ola a todos e todas!!!estamos na clase cantando esta canción no día dos " DEREITOS UNIVERSAIS DOS NENOS E DAS NENAS" Queredes cantar con nós?
HOXE 20 DE NOVEMBRO É O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
En 1998 UNICEF
pensou en como divulgar os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, e
pediulles a creadores e directores de todo o mundo que fixesen curtos animados
de 30 segundos sobre algún dos dereitos da Convención. Dende entón, máis de 70
estudos de 32 países realizaron animacións para este proxecto. Estes debuxos
emitíronse en televisións de todo o mundo. Máis información sobre dereitos de
infancia en www.unicef.es/derechos
O luns pasado estivo Hugo de Cumpe, e retrasamos a publicación por motivos técnicos. Tivemos unha festa moi divertida.
domingo, 11 de noviembre de 2012
Durante toda a semana estivemos cantando cancións de Outono pero esta é a que máis lles gusta. Ollade que ben o fan.
lunes, 5 de noviembre de 2012
LUNS,e volta a realidade despois destes días de descanso. Pasado o Samaín chegamos ás aulas con ganas de aprender moitas cousas sobre a estación do ano que nos acompaña. Dende hai un par de semanas vimos cantando na aula de 4 anos esta canción,déixovola para que cantedes cós vosos fillos e fillas
.
viernes, 2 de noviembre de 2012
CUMPLE JOSÉ
SAMAÍN 2012
(Facede dobre clic para que se visualice coa pantalla completa)
martes, 30 de octubre de 2012
SAMAÍNEN CATIVADAS
lunes, 29 de octubre de 2012
Hoxe propomos unha noite máxica para o día 31 de Outubro ; propomos acompañar as estrelas iluminando canda
elas os lugares con candeas. Na noite de hoxe poderás gozar do Samaín como un
guerreiro celta e facer voar a imaxinación con mil follas de outono, con mil
palabras que axudarán a superar os teus medos.
Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga
cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e
novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir
nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras
dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das
án
imas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus
castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras
iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas
foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.
O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. A tradición
viaxou, maioritariamente, canda milleiros de irlandeses pola fame derivando
nunha especie de entroido, pero mantendo características propias desta festa
como son as calacús e as ánimas. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica
de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de
volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín poderemos achegarnos a vilas e as escolas como a nosa ,e vivir a tradición da nosa terra para que deste xeito non esquezamos algo tan bonito como é o noso Samaín.
Tamén Gabri estivo de cumple e preparamos un fiestón. Si é que non paramos con tanta festa.
Brais estivo no verán de aniversario pero tiña moitísimas ganas de invitar os seus amigos e amigas a unha pequena festa no cole Hai unhas cantas semanas trouxo unha tartiña e tivemos unha boa e sabrosa merendola.
jueves, 4 de octubre de 2012
Ola peques!! Xuntos outro curso. Levamos dende Setembro no cole, pero queríamos xuntar moitas novas para contar. Este verán pasaron moitas cousas: Naceron irmanciños e irmanciñas, fomos de paseo a praia, a casa de amigos e amigas ,xogamos moitísimo, e agora con moitas ganas e forzas: COMEZAMOS!!
O Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento anual que leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na súa Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972 coa que se deu inicio á Conferencia de Estocolmo (Suecia), cuxo tema central foi o Medio Humano. O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso. Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gozar dun futuro máis prospero e seguro.
Nós para celebrar este día e amosar os nosos alumnos e alumnas a importancia de coidar o noso planeta, preparamos unha Andaina dende o cole ata Cumiar. Os nenos e nenas poideron comprobar a beleza do noso entorno máis próximo e concienciáronse un pouquiño do coidado que temos que ter para protexer o máis bonito que temos.
domingo, 3 de junio de 2012
PARABÉNS LUNA!!
sábado, 26 de mayo de 2012
Seguimos traballando no proxecto do conto do "Polo Pepe" partindo deste conto e da canción adaptada que fixo Mamá Cabra con Susa Herrera estamos a facer na clase un montón de cousas.Traballamos na pizarra dixital as fichas que logo facemos no papel,traballamos coas actividades propostas nun traballo utilizando o programa JClic,investigamos, pintamos, recortamas,picamos,etc etc. Hoxe levaron despois de que cada un fixera un gran traballo, unha especie de marioneta do Polo Pepe para cantar na casa a canción que aprenderon en clase. Tamén visualizamos uns videos,que ides disfrutar xa que no mundo do Polo Pepe hai moitas cousas por coñecer.....a granxa,os animais da granxa, os alimentos .....
Vimos este video de la canción clásica "La gallina Turuleca" nos reimos un montón y descubrimos moitísimas cousas.
Con "La gallina pintadita" descubrimos que a pesar das cores das galiñas estas outras son moi bonitase divertidas.
.
jueves, 24 de mayo de 2012
Hoxe disfrutamos de un día espectácular: Teatro e merenda no parque de Samil.
martes, 22 de mayo de 2012
Hoxe pola mañá na clase, estivemos ollando este video de pingüins,para saber: onde viven, que son os polos e se fai frío ou calor. Tamén soubemos si os pingüins,son animais dócil ou salvaxes,se teñen ás e se poden voar.Fíxonos moita graza o seu movemento ó andar, e nós tentamos camiñar como eles....que risa!!
lunes, 21 de mayo de 2012
Déixovos este enlace para ver as actividades propostas e un video
LEMBRADE QUE O MÉRCORES IMOS A VIGO PARA DISFRUTAR DUNHA OBRIÑA DE MONICREQUES : "PINGÜIN".
Periferia Teatro
presenta Pingüin, en Vigo,
o 23 de maio.
O centro socioculturais Novacaixagalicia acolle, ás 10.00 h, esta obra de
monicreques premiada á Mellor Proposta Dramática na Feira de Monicreques de
Lleida 2000 e Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Monicreques de
Praga 2004. Unha historia na que a través das divertidas peripecias do seu
protagonista se tratan en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais e
fillos. Neste caso, a difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que
compartir o agarimo e a atención dos seus pais coa chegada dun novo membro á
familia.
A familia Pingüin vive nunha envexable harmonía: Mamá Pingüin polas mañás coida da
casa e polas tardes pesca; Papá Pingüin polas mañás pesca e polas tardes coida
da casa e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero
algo está cambiando... Bobo está a piques de vivir unha sorprendente aventura.
Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmanciño!
Periferia Teatro dedícase desde o ano 1989 á investigación e ao coñecemento do
teatro de monicreques, ofrecendo aos nenos unha variada e coidada selección de
fantasía coa que se senten identificados. As súas producións contan con guión
literario propio, conxugando reflexión e diversión con novos argumentos da
actualidade infantil. A compañía participou na maioría de programacións
infantís e en numerosos festivais nacionais e internacionais, resultando premiadas
as súas máis recentes producións: Pingüin, Pocosueño e Guyi Guyi.
Director: Juan Manuel Quiñonero
Manipuladores: Marisol García e Juan Manuel Quiñonero
Axudante de dirección: Mª Dores Balsalobre
Selección musical: Zoila García
Construción marionetas: Juan Manuel Quiñonero
sábado, 19 de mayo de 2012
Durante toda a semana estivemos a preparar o Festival das Letras Galegas.
O primeiro foi, saber que celebrabamos todos os 17 de maio?
Despois coñecemos o escritor homenaxeado deste ano:
"Valentín Paz Andrade"
Asi que unha vez feito todo isto, preparamos a conciencia a unidade e descubrimos moitas cousas.
Cómo ademáis de escritor Valentín Paz Andrade fundou Pescanova e encantábanlle os temas relacionados co mar .
En E.Infantil decidimos cantar cancións relacionadas có mar, os peixes,etc e asi fotografiáronnos o día do Festival,esperamos que vos guste.
domingo, 6 de mayo de 2012
lunes, 23 de abril de 2012
Hoxe é un día moi especial e moi importante. É o DIA DO LIBRO Quero que teñades un agasallo de parte da profe. UNHA POESÍA É unha poesía moi bonita de Rubén Darío que fala do "LIBRO". Cando a profe volva ao cole, imola recitar todos e todas, vale? Que pasedes un día xenial é lembrade que.... OS LIBROS SON: "OS NOSOS MELLORES AMIGOS". 23 DE ABRIL DE 2012
El libro es el telescopio con el que se ve el infinito, y la estrella, el aerolito y nuestro planeta propio: es también el microscopio que en una mínima gota nos hace ver como flota un orbe a todos igual, que es del coro universal, una bellísima nota.
El libro es fuerza, es valor, es poder, es alimento; antorcha del pensamiento y manantial del amor. El libro es llama, es ardor, es sublimidad, consuelo, fuente de vigor y celo, que en sí condensa y encierra lo que hay de grande en la tierra, lo que hay de hermoso en el cielo.
Hoxe por fin fomos de excursión,estivemos moi nervosos estes derradeiros días esperando o momento. O autobús, puntual, recolléunos no cole e axiña chegamos a Vigo. No Alcampo esperaba Bea, a monitora que moi pacentemente levóunos a facer un percorrido pola: Carnicería,Pescadería,Pastelería-Panadería (para pasar a Panadería tivemos que vestirnos con roupas axeitadas para manter todo moi limpo e non estropear os alimentos) por último, a cafetería ,onde tiñamos unha sorpresa: Unha merendola con croissant,zume,caramelos e dous globos. Pasámolo xenial!!!que ganas de voltar a facer outra excursión coma esta.
NOTA: Non temos moitas fotos , por que dentro, no deixaban facelas,snifffffffff.
YUPIIIIII,o martes 13 imos visitar as instalacións do Alcampo en Vigo para coñecer entre outras cousas : A panadería (fabricación do pan), a pescadería,carnicería,almacén,etc etc. Logo imos merendar na cafetería...que sorte. Ademáis, imos coñecer os sitios onde mamá e papá nunca forón,jejejeje SUPERDIVER!!!xa vos contaremos de regreso. NOTA:Lembrade,roupa cómoda e sin mochilas.
Las Naciones Unidas para el Medio Ambiente (UNEP), la Convención sobre la conservación de las especies migratorias de animales silvestres (CMS) y el Secretariado del Acuerdo para la conservación de las poblaciones de murciélagos europeas (EUROBATS) se han unido para celebrar el año de los murciélagos.
Este evento internacional pretende dar a conocer la importancia de la conservación de estos mamíferos voladores. Existen unas 1200 especies presentes en casi todos los ecosistemas del planeta. Desde los insectívoros a los frugívoros pasando por los nectarívoros, los murciélagos, aún desconocidos y maltratados en muchos lugares del mundo, empeñan un rol fundamental para mantener la salud de nuestros ecosistemas. Los murciélagos también tienen valor económico y sanitario, capturan enormes cantidades de insectos (también los que son plagas agrícolas), permiten reducir el uso de insecticidas en los campos de cultivo y depredan sobre insectos transmisores de enfermedades.
Tan solo informando y educando a la gente de que deben evitar manipular los murciélagos para no contagiarse de ninguna enfermedad, se ha conseguido reducir un pánico injustificado a los murciélagos. Así, actualmente los murciélagos representan un valor turístico añadido en algunos lugares, por ejemplo laobservación de los murciélagos en Austin (EE.UU.) aporta unos 12 millones de dólares al año.
La Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU) aportará su granito de arena a este proyecto internacional y anima a todos sus socios y simpatizantes a participar en la organización o planificación de actividades de divulgación durante 2011 y 2012.
Onte festexamos un día moi especial, foi o día da muller traballadora. E pensando,pensando a muller máis traballadora do mundo é.... MAMÁ!!!! entón fixemos un agasallo para ela e asi dárlle as grazas por todo.
14 de Febreiro,celebramos o día de San Valentín, e como premio, os nenos e nenas levaron un agarimo da profe para lembrarnos que temos moitos amigos e amigas no cole.
Queríavos informar que temos problemas técnicos e que por este motivo ainda non puiden colgar os traballos que fixemos na semana do 13 ao 17 de febrero.Pídovos un pouco de paciencia,axiña estaremos convosco.Un abrazo
E cómo o amor máis doce é dunha nai o seu fillo ,disfrutade deste contiño sobre as cores dos bicos.
domingo, 12 de febrero de 2012
Na aula de 3 anos estamos coñecendo "O pais das letras".
O persoaxe primeiro e o REI U. Traballamos con este persoaxe na clase: pintamos o Rei u buscámolo nos nosos nomes, pintámolo, e cantamos a súa canción.Escoitade cómo é.
Pasou polas clases para dárlles aos nenos e nenas unhas chuches,riquíiiiiiisimas....pero tamén tivo sorpresas:os nenos e nenas de Infantil déronlle uns agasallos feitos por eles mesmos.
Depois de escoitar un conto do libro de Chuco: "A auga pato"* os nenos e nenas quedaron con moitas ganas de ter na clase unha mascota, como a que ten Chucu, para poder coidala.Asi que o Xoves tiveron unha pequena sorpresa.....
Podedes escoitar o conto no seguinte enlace
http://www.smvolteretas.com/ver
Holaaaaaaa!!! Xa estamos de volta.....e coas pilas moi cargadiñas.
As vacacións foron moi boas e cheas de agasallos: Papa Nöel e os Reis Magos estiveron nas casas dos nenos e nenas e trouxeron moitísimas cousas, e xenial!!! Agora temos que traballar moito.Pero ufffffff, qué friaxe verdade? claro...estamos nunha nova estación: O INVERNO
Os nenos e nenas da profe Mari estiveron trocando de estación o mural que temos de Chucu,Lila e Pinto,poñendo folerpas de Neve na paisaxe,esta a quedar precioso!! Os cativos de 4 anos tamén traballan con Lila a nova estación: a roupa do inverno,a casa,etc.
E nós os de 3 anos non perdémolo tempo(iso que somos os máis cativos).
Estamos a traballar e a coñecer a nova a estación "O Inverno".
Miramos o video: "Don Fresquete" e traballamos na pizarra dixital,foi fantástico!!!que divertido é traballar na pizarra.Despois adicamos un anaquiño cada día a construir un pequeno boneco de neve feito con plásti.
Agora podemos mirar de novo o video e cantar a canción.