Estamos a coñecer as regletas de Cuisenaire.
Déixovos información.E intentarei deixar un link para que nas vacacións de Nadal os nenos e nenas
poidan xogar on line
As regretas de Cuisenaire son un versátil xogo de manipulación matemática
utilizado na escola, así como noutros niveis de aprendizaxe e mesmo con adultos.
Utilízanse para ensinar a unha ampla variedade de temas matemáticos, como as
catro operacións básica, fraccións, área, volume, raíces cadradas, resolución de
ecuacións simples, os sistemas de ecuacións, e mesmo ecuacións
cuadráticas As regretas (réglettes en francés orixinal) foron chamadas así logo de
que o seu inventor, Georges Cuisenaire (1891-1976),
un profesor de escola primaria de Bélxica, publicase un libro sobre o seu uso en
1952, chamado Los números en cores. O uso de regretas
para o ensino tanto das matemáticas coma de idiomas foi desenvolvido e
popularizado por Caleb Gattegno, en moitos países de
todo o mundo.
No sistema, hai 10 regretas de 1 cm a 10 cm. Ás regretas de
igual lonxitude asígnaselles a mesma cor.
As regretas de Cuisenaire seguen este sistema:
Regreta Branca =1
cm.
Regreta Vermella =2 cm.
Regreta Verde claro =3 cm.
Regreta Carmín
=4 cm.
Regreta Amarela =5 cm.
Regreta Verde Escuro =6 cm.
Regreta Negra
=7 cm.
Regreta Café =8 cm.
Regreta Azul =9 cm.
Regreta Laranxa =10
cm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario