O luns celebramos o Día dos Namorados e as profes que traballan na Biblioteca propuxeron a todos os nenos e nenas do cole que fixéramos poesías de amor,nós na clase pensamos : A quén queremos moito?e o dixemos a profe Elisa :a mami, irmán, irmá, primo,amigo,e coa súa axuda ,por que ainda somos un pouco pequenos, pensamos cousas bonitas e fixemos flores con mensaxes moi agarimosas para as persoas que queríamos,e si as queres ler estan adornando a entrada do cole,ah!!!Robin aprendeunos unha canción de amor bonitísima en inglés(darlle o play).
![]() |
